sábado, 1 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. VI (1.6)

(I) 
CAP. VI
De imperio Diocletiani, et ut Christianos persecutus sit.

Anno incarnationis Dominicae ducentesimo octogesimo sexto, Diocletianus tricesimus tertius ab Augusto imperator ab exercitu electus, annis uiginti fuit, Maximianumque cognomento Herculium socium creauit imperii. Quorum tempore Carausius quidam, genere quidem infimus, sed consilio et manu promptus, cum ad obseruanda oceani litora quae tunc Franci et Saxones infestabant, positus, plus in perniciem quam in prouectum reipublicae ageret, ereptam praedonibus praedam nulla ex parte restituendo dominis, sed sibi soli uindicando; accendens suspicionem quia ipsos quoque hostes ad incursandos fines artifici negligentia permitteret.

Cap. VI
Do reinado de Diocleciano e de como perseguiu aos cristiáns.

No ano douscentos oitenta e seis da encarnación do Señor, Diocleciano foi elixido emperador, o trixésimo terceiro dende Augusto, cargo que ostentou durante vinte anos, e nomeou a Maximiano, de cognomen Herculio, coemperador. Na época destes emperadores un tal Carausio, certamente de moi baixa orixe, pero habelencioso para decidir e actuar, encargado de vixiar o litoral do océano que entón os francos e máis os saxóns infestaban, facía máis para detrimento do estado ca para o seu proveito, pois non restituía aos seus donos parte ningunha do botín tomado polos piratas, senón que se apropiaba de todo; levantando a sospeita de que tamén permitía aos propios inimigos o ataque ás súas fronteiras con dolosa neglixencia.

NB:
  • prouectum : primeira vez que atopo esta palabra en latín co sentido de proveito.
(II) Quamobrem a Maximiano iussus occidi, purpuram sumpsit ac Brittanias occupauit; quibus sibi per septem annos fortissime uindicatis ac retentis, tandem fraude Allecti socii sui interfectus est. Allectus postea ereptam Carausio insulam per triennium tenuit, quem Asclepiodotus Praefectus Praetorio oppressit, Brittaniamque post decem annos recepit.

Por esta razón, despois de que Maximiano ordenase a súa morte, asumiu a púrpura imperial e ocupou as provincias britanas; estas foron reclamadas e retidas por el co máis grande empeño durante sete anos, finalmente por mor do traizón de Alecto, o seu aliado, foi morto. Despois Alecto dominou a illa arrebatada a Carausio durante tres anos. A este someteuno o prefecto do pretorio Asclepiodoto, e despois de dez anos recuperou Britania.

(III) Interea Diocletianus in oriente, Maximianus Herculius in occidente, uastari ecclesias, afflîgi interficique Christianos decimo post Neronem loco praeceperunt: quae persecutio omnibus fere ante actis diuturnior atque inmanior fuit; nam per decem annos, incendiis ecclesiarum, proscriptionibus innocentum, caedibus martyrum incessabiliter acta est. Denique etiam Brittaniam tum plurima confessionis Deo deuotae gloria sublimauit.

Entretanto Diocleciano en oriente e Maximiano Herculio en occidente decretaron que as igrexias foran saqueadas e maltratados e mortos os cristiáns, por décima vez despois de Nerón: esta persecución foi máis prolongada e implacable que case todas as producidas anteriormente; pois durante dez anos sen pausa foi levada a cabo coa queima de igrexas, as proscricións de inocentes e as matanzas de mártires. En resumo, tamén a grande gloria da confesión ofrecida a Deus elevou Britania ao máis alto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario