venres, 7 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. IX (1.9)

(1)
CAP. IX
Vt regnante Gratiano Maximus in Brittania imperator creatus, cum magno exercitu Galliam redierit.

Anno ab incarnatione Domini trecentesimo septuagesimo septimo Gratianus quadragesimus ab Augusto, post mortem Valentis sex annis imperium tenuit: quamuis iamdudum antea cum patruo Valente, et cum Valentiniano fratre regnaret: qui cum adflictum et paene collapsum reipublicae statum uideret, Theodosium Hispanum uirum, restituendae reipublicae necessitate apud Syrmium purpura induit, Orientisque et Thraciae simul praefecit imperio.

De como, reinando Graciano, Máximo, nomeado emperador en Britania, cun grande exército volveu á Galia.

No ano 377 dende a encarnación do Señor, Graciano, o emperador número corenta despois de Augusto, trala morte de Valente durante seis anos foi emperador: aínda que xa dende moito antes con Valente, seu tío paterno, e con seu irmán Valentiniano gobernaba: este, vendo oa estado nunha situación de debilidade e case colapsado, fixo vestir en Sirmio a púrpura a Teodosio, un varón hispano, por mor do restablecemento do estado, e ao mesmo tempo púxoo ao fronte do imperio de Oriente e de Tracia.

(2) Qua tempestate Maximus, uir quidem strennuus et probus, atque Augusto dignus nisi contra sacramenti fidem per tyrannidem emersisset, in Brittania inuitus propemodum ab exercitu imperator creatus in Galliam transiit.

Neste tempo Máximo, home certamente esforzado e honrado, e digno de Augusto de non ser porque contra a lealdade debida ao seu xuramento elevouse por medio da tiranía, foi nomeado emperador en Britania polo exército case contra a súa vontade e cruzou á Galia.

(3) Ibi Gratianum Augustum subita incursione perterritum atque in Italiam transire meditantem, dolis circumuentum interfecit, fratremque eius Valentinianum Augustum Italia expulit. Valentinianus in Orientem refugiens, a Theodosio paterna pietate susceptus, mox etiam imperio restitutus est: clauso uidelicet intra muros Aquileiae, capto atque occiso ab eis Maximo tyranno.

Alí a Graciano Augusto, aterrado a causa do súbito ataque e mentres consideraba a posibilidade de cruzar a Italia, rodeouno con enganos e matouno, e a seu irmán, Valentiniano Augusto, expulsouno de Italia. Valentiniano fuxindo a Oriente, foi acollido por Teodosio con amor paternal, e rapidamente tamén restituído no imperio: evidentemente despois de que o tirano Máximo fose encerrado dentro dos muros de Aquileia, capturado e matado por eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario