sábado, 1 de marzo de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XVI (1.16)

(1)
CAP. XVI. 
Vt Brettones primam de gente Anglorum uictoriam, duce Ambrosio Romano homine, sumpserint.

De como os bretóns conseguiron a súa primeira vitoria sobre a nación dos anglos, baixo as ordes do xeneral Ambrosio, varón romano.

(2) At ubi hostilis exercitus, exterminatis dispersisque insulae indigenis, domum reuersus est, coeperunt et illi paulatim uires animosque resumere, emergentes de latibulis quibus abditi fuerant, et unanimo consensu auxilium caeleste precantes ne usque ad internecionem usquequaque delerentur.

Pero cando o exército inimigo, exterminados e dispersados os nativos da illa, retornou á súa terra, comezaron tamén aqueles a recuperar as forzas e os ánimos, mentres saían dos seus agochos nos que se agacharan e con unánime consenso pedían a axuda do ceo para que non fosen aniquilados até o exterminio en todas partes.

(3) Vtebantur eo tempore duce Ambrosio Aureliano uiro modesto, qui solus forte Romanae gentis praefatae tempestati superfuerat, occisis in eadem parentibus regium nomen et insigne ferentibus. Hoc ergo duce uires capessunt Brettones, et uictores prouocantes ad proelium, uictoriam ipsi, Deo fauente, suscipiunt.

Tiñan como xeneral naquel tempo a Ambrosio Aureliano, varón discreto, o único da nación romana que por ventura sobrevivira ás tribulacións anteriormente narradas, nas que morreran seus pais, portadores tamén do nome e as insignias dos reis. Así pois baixo o mando deste xeneral os bretóns recuperan as forzas e retando ao combate coma vencedores, eles mesmos, coa axuda de Deus, acadan a vitoria.

(4) Et ex eo tempore nunc ciues, nunc hostes uincebant, usque ad annum obsessionis Badonici montis, quando non minimas eisdem hostibus strages dabant, quadragesimo circiter et quarto anno aduentus eorum in Brittaniam. Sed haec postmodum.

E dende este momentos unhas veces os bretóns, outras os inimigos vencían, até o ano do asedio do monte Badónico, cando non pequena matanza causaron a estes mesmos inimigos, máis ou menos no ano corenta e catro dende a súa chegada a Britania. Pero estas cousas despois.

Ningún comentario:

Publicar un comentario