sábado, 5 de abril de 2014

Nennii Historia Britonum 14

Nouissime uenit Damhoctor, et ibi habitauit cum omni genere suo usque hodie in Brittanniam. Istorith, Istorini filius, tenuit Dalrieta cum suis; Builc autem cum suis tenuit Euboniam insulam, et alias circiter; filii autem Liethan obtinuerunt in regione Demetorum et in aliis regionibus, id est, Guir et Cetgueli, donec expulsi sunt a Cuneda et a filiis eius ab omnibus Brittannicis regionibus.

Recentemente veu Damhoctor a Britania, e alí habitou con toda a súa estirpe até hoxe. Istorith, fillo de Istorino, ocupou Dalrieta cos seus; Builc en troques cos seus ocupou a illa de Eubonia e outras ao redor; pola súa banda os fillos de Liethan conseguiron terras na rexión dos Demetos e noutras rexións, a saber, Guir e Cetgueli, até que foron expulsados por Cuneda e máis seus fillos de todas as rexións de Britania.

  • Nota. O meu texto de Nennio non é claro. O sintagma in Brittanniam non fai senso co habitauit, por iso na tradución póñoo con uenit.

Ningún comentario:

Publicar un comentario