luns, 14 de abril de 2014

Nennii Historia Britonum 20

[De aduentu Caesaris ad Brittanniam]

Et iterum, post spatium trium annorum, uenit cum magno exercitu trecentisque ciulis, et peruenit usque ad ostium fluminis, quod uocatur Tamesis. Et ibi inierunt bellum et multi ceciderunt de equis militibusque suis, quia supradictus proconsul posuerat sudes ferreas et semen bellicosum, id est, Cetilou, in uada fluminis, quod discrimen magnum fuit militibus Romanorum, et ars inuisibilis; et discesserunt sine pace in illa uice. 

E de novo, despois de tres anos, veu cun grande exército e trescentas naves de guerra, e chegou até a boca do río que se chama Támesis. E alí entraron en combate e moitos dos cabalos e dos seus soldados caeron, porque o devandito lugarteniente puxera estacas de ferro e semente de guerra, isto é, cetilou, nas partes pouco fondas do río, o que foi causa dun grande perigo para os soldados romanos, e recurso que non se podía ver; e marcharon sen paz nesa ocasión.


Gestum est bellum tertio, iuxta locum qui dicitur Trinouantum; et accepit Iulius imperium Brittannicae gentis quadraginta septem annis ante natiuitatem Christi, ab initio autem mundi quinque millia ducentorum quindecim. 

Houbo por terceira vez unha guerra, xunto a un lugar que se chama Trinovanto; e acadou Xulio o dominio da nación británica corenta e sete anos antes do nacemento de Cristo, cinco mil douscentos quince anos dende o inicio do mundo.

Iulius igitur primus in Brittanniam peruenit, et regnum et gentem tenuit; et in honorem illius Quintilem mensem Iulium debere Romani decreuerunt uocari. Et idibus Martis Caius Iulius Caesar in curia occiditur, tenente Octauiano Augusto monarchiam totius mundi, et censum a Brittannia ipse solus accepit, ut Virgilius ait : 

'Purpurea intexti tollant aulaea Britanni.'

Así pois Xulio foi o primeiro que veu a Britania, e reinou sobre a súa nación; e no seu honor decretaron os romanos que se debía chamar xullo ao mes quintilis. E nas idus de marzo Gaio Xulio César é morto na curia, detentando Octaviano Augusto o dominio de todo o mundo, e soamente el mesmo recibiu o tributo de Britania, como di Virxilio:

"que os britanos tecidos levanten o púrpura telón" (*) (Geor. 3.25)

Ningún comentario:

Publicar un comentario