domingo, 29 de xuño de 2014

Nennii Historia Britonum 47

[De morte Guorthigirni]

Sanctus uero Germanus Guorthigirno praedicabat ut ad Dominum suum conuerteret; at ille usque ad regionem, quae a nomine suo accepit nomen, Guorthigirniaun, miserabiliter effugit, ut ibi cum uxoribus suis lateret. 

Pola súa banda San Xermán predicada a Guortixirno que se convertese ao seu Señor; pero el fuxiu tristemente até a rexión que se chamou Guortixirniaun por el, para se agachar alí na compañía das súas mulleres.

Et Sanctus Germanus post illum secutus est cum omni clero Brittonum, et ibi quadraginta diebus et quadraginta noctibus mansit, et super petram orabat, et die noctuque stabat. Et iterum Guorthigirnus usque ad arcem Guorthigirni, quae est in regione Demetorum juxta flumen Teibi, ignominiose abscessit. 

E San Xermán foi tras el con todo o clero de Britania, e alí ficou durante corenta días e corenta noites, e sobre unha pedra rezaba, e día e noite permanecía en pé. E de novo Guortixirno marchou dun modo vergonzoso até a fortaleza de Guortixirno, que está na rexión dos Demetos á beira do río Teibi.

Et solito more Sanctus Germanus eum secutus est, et ibi ieiunus cum omni clero tribus diebus totidemque noctibus causaliter mansit; et in quarta nocte arx tota, mediae circa noctis horam, per ignem missum de caelo ex improuiso cecidit, ardente igne caelesti; et Guorthigirnus, cum omnibus, qui cum eo erant, et cum uxoribus suis, defecit. Hic est finis Guortigirni, ut in libro Beati Germani repperi; alii autem aliter dixerunt.

E como de costume San Xermán seguiuno e alí en xexún con todo o clero por esta causa permaneceu durante tres días e outras tantas noites; e na cuarta noite toda a fortaleza, ao redor da media noite, derrubouse por causa de lume enviado dende o ceo de súpeto, ardendo o lume celeste; e Guortixirno, con todos os que con el estaban e con todas as súas mulleres morreu. Este é o fin de Guortixirno, segundo atopei no libro do beato Xermán; pero outros contaron outras cousas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario