domingo, 29 de xuño de 2014

Nennii Historia Britonum 48

[De morte Guorthigirni et liberis suis]

Postquam exosi fuerunt illi omnes homines gentis suae pro piaculo suo, inter potentes et impotentes, inter seruum et liberum, inter monachos et laicos, inter paruum et magnum, — et ipse dum de loco ad locum uagus erat, tandem cor eius crepuit et defunctus est, non cum laude.

Despois de que se fixeron odiosos todos aqueles homes da súa familia por mor do seu pecado, entre os poderosos e os débiles, entre o escravo e o libre, entre os cregos e os leigos, entre o pequeno e o grande, - mentres el mesmo vagaba dun lugar para outro, o seu corazón finalmente fallou e morreu, non con gloria.

Alii dixerunt, terra aperta est, et deglutiuit eum, in nocte in qua combusta est arx circa eum, quia non inuentae sunt ullae reliquiae illorum, qui combusti sunt cum eo in arce.

Outros dixeron: "a terra briuse e tragouno na noite na que ardeu a fortaleza ao seu redor" porque non se atoparon restos ningúns dos que arderon con el na fortaleza.

Tres filios habuit, quorum nomina sunt, Guorthemir, qui pugnabat contra barbaros, ut supra diximus; secundus, Categirn; tertius, Pascent, qui regnauit in duabus regionibus, Buelt et Guorthigirniaun, post mortem patris sui, largiente Ambrosio illi, qui fuit rex inter omnes reges Brittannicae gentis. 

Tivo tres fillos, dos cales os nomes son: Guortemir, que loitaba contra os bárbaros, como dixemos antes; o segundo Cartegirn; o terceiro Pascent, que reinou sobre dúas rexións, Buelt e Guorthigirniaun, trala morte de seu pai, por concesión daquel Ambrosio que foi rei entre todos os reis da nación británica.

Quartus fuit Faustus, qui a filia sua genitus est illi, et Sanctus Germanus baptizauit illum et nutriuit et docuit, et condidit locum magnum super ripam fluminis, quod uocatur Renis, et manet usque hodie. Et unam filiam habuit, quae mater fuit Fausti Sancti.

O cuarto foi Fausto, que lle naceu dunha filla súa, e San Xermán bautizouno, alimentouno e educouno, e fundou un grande lugar na ribeira do río que se chama Renis, e permanece até hoxe. E tivo unha filla, que foi a nai de San Fausto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario