domingo, 29 de xuño de 2014

Nennii Historia Britonum 50

[De uita Sancti Patricii]

Sanctus Germanus reuersus est post mortem illius ad patriam suam, et Sanctus Patricius erat in illo tempore captiuus apud Scottos, et dominus illius nominabatur Milchu, et porcarius cum illo erat, et in septimo decimo anno aetatis suae reuersus est de captiuitate, et nutu Dei eruditus est postea in sacris litteris, et ad Romam usque peruenit, et per longum spatium mansit ibidem ad legendum et ad scrutanda mysteria Dei, et sacrarum Scripturarum libros percucurrit. 

San Xermán retornou despois da morte daquel á súa patria, e San Patricio estaba naquel tempo prisioneiro entre os escotos, e o seu amo chamábase Milchu, e estaba con el como porqueiro, e aos dezasete anos de idade volveu do cautiverio, e por designio de Deus foi instruído despois nas letras sagradas, e foi a Roma, e por moito tempo permaneceu alí para ler e coñecer os misterios de Deus, e leu na súa totalidade os libros das sagradas escrituras.

Nam cum ibi esset per annos septem, missus est Palladius episcopus primitus a Celestino episcopo et papa Romae ad Scottos in Christum conuertendos, sed prohibuit illum Deus per quasdam tempestates, quia nemo potest accipere quicquam de terra, nisi de caelo datum fuerit illi desuper. Et profectus est ille Palladius de Hibernia et peruenit ad Brittanniam, et ibi defunctus est in terra Pictorum.

Pois, estando alí durante sete anos, o bispo Paladio foi enviado por primeira vez por Celestino, bispo e papa de Roma, á terra dos Escotos para os converter a Cristo, pero impediullo Deus mediante algunhas treboadas, porque ninguén pode acadar nada na terra, a non ser que se lle conceda dende o ceo. E partiu Paladio de Hibernia e chegou a Britania, e alí morreu na terra dos Pictos.

  • Accipere quicquam de terra : pode ter un valor máis concreto de "chegar a algunha terra".
  • Hai que entender que Paladio non volve de Hibernia, senón que non podendo chegar alí por causa do tempo, muda o seu rumbo e chega a Britania, en concreto a Escocia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario