xoves, 15 de maio de 2014

Nennii Historia Britonum 42

Et in crastino conuentio facta est, ut puer interficeretur. Et puer dixit regi, 'Cur uiri tui me ad te detulerunt?' Cui rex ait, 'Vt interficiaris, et sanguis tuus circa arcem istam aspergetur, ut possit aedificari.' Respondit puer regi, 'Quis tibi monstrauit?' Et respondit rex, 'Magi mei mihi dixerunt.' Et puer dixit, 'Ad me uocentur ;' 

Ao día seguinte fíxose a reunión para matar ao rapaz. E díxolle o rapaz ao rei, "por que os teus homes me trouxeron perante ti?". Contestoulle o rei, "para te matar e para que o teu sangue sexa espallado ao redor desta fortaleza e que así se poida construír". Respondeu ao rei o rapaz, "Quen che dixo isto?" E respondeu o rei, "os meus adiviños dixéronmo". E o rapaz dixo "Que veñan diante de min".

et inuitati sunt magi et puer illis dixit, 'Quis reuelauit uobis, ut ista arx a sanguine meo aspergeretur, et nisi aspergatur a sanguine meo in aeternum non aedificabitur? Sed hoc cognoscam, quis uobis de me palam fecit?' 

E os adiviños foron convidados a vir e o rapaz díxolles, "Quen vos revelou que esta fortaleza debe ser regada co meu sangue, e se non se rega co meu sangue non se poderá construír nunca? Pero quero saber isto, quen vos falou de min?"

Iterum puer dixit, 'Modo tibi, o rex, elucubrabo et in ueritate tibi omnia satagam; sed magos tuos percunctor quid in pauimento istius loci est? Placet mihi, ut ostendant tibi quid sub pauimento habetur.' 

Dixo o rapaz de novo, "A ti, oh rei, vouche iluminar e heiche esclarecer todo; pero aos teus adiviños pregunto: que hai no chan deste lugar? Quero que che mostren que se garda embaixo do chan".

At illi dixerunt, 'Nescimus.' Et ille dixit, 'Comperior, stagnum in medio pauimenti est, uenite et fodite, et sic inuenietis.' Venerunt et foderunt, et fuit. Et puer ad magos dixit, 'Proferte mihi, quid est in stagno?' et siluerunt, et non potuerunt reuelare illi. At ille dixit illis, 'Ego uobis reuelabo; duo uasa sunt; et sic inuenietis;' uenerunt, et uiderunt sic. 

Pero eles dixeron: "Non sabemos". E el dixo: "Descúbrovolo, hai un estanque no medio do chan, vinde e cavade, e así atoparédelo". Viñeron e cavaron, e alí estaba. E o rapaz díxolles aos adiviños, "Dicídeme, que hai no estanque?" e calaron, e non llo puideron revelar. Pero el díxolles: "Eu héivolo revelar; hai dous recipientes; así atoparédelo". Viñeron e viron que era así.

Et puer ad magos dixit, 'Quid in uasis conclusis habetur?' at ipsi siluerunt et non potuerunt reuelare illi. At ille asseruit, 'In medio eorum tentorium est, separate ea, et sic inuenietis.' Et rex separari iussit, et sic inuentum est tentorium complicatum, sicut dixerat. Et iterum interrogauit magos, 'Quid in medio tentorii est etiam nunc enarrate,' et non potuerunt scire. 

E o rapaz díxolle aos adiviños: "Que se garda nos recipientes fechados". Pero eles calaron e non llo puideron desvelar. Pero el afirmou: "No medio hai unha tenda, separádeos e atoparédelo así". E o rei mandou que se separasen e así atoparon unha tenda dobrada, como dixera. E de novo preguntou aos adiviños: "Que hai no medio da tenda dicídeme tamén agora" e non o puideron saber.

At ille reuelauit, 'Duo uermes in eo sunt, unus albus et unus rufus; tentorium expandite.' Et extenderunt, et duo uermes dormientes inuenti sunt. Et dixit puer, 'Exspectate et considerate quid facient vermes;' et coeperunt uermes ut alter alterum expelleret, alius autem scapulas suas ponebat ut eum usque ad dimidium tentorii expelleret, et sic faciebant tribus uicibus. 

Pero el desvelouno: "Nela hai dous vermes, un branco e outro encarnado; estendede a tenda". E estendérona, e foron atopados dous vermes que durmían. E dixo o rapaz: "Esperade e fixádevos no que van facer os vermes". E comezaron os vermes a empuxar o un ao outro, pero o outro poñía as costas para empuxar o outro até o medio da tenda, e así fixeron por tres veces.

Tamen tandem infirmior uidebatur uermis rufus, et postea fortior albo fuit, et extra finem tentorii expulit, tunc uictor alterum secutus trans stagnum est, et tentorium euanuit. Et puer ad magos refert, 'Quid significat mirabile hoc signum, quod factum est in tentorio?' et illi proferunt, 'Nescimus.' 

Finalmente, sen embargo, o verme encarnado parecía o máis feble, e despois foi máis forte có branco, e expulsouno fóra da tenda, entón o vencedor seguiu ao outro á outra beira do estanque e a tenda desapareceu. E o rapaz dilles aos adiviños: "Que significado ten este feito marabilloso que aconteceu na tenda?" E eles din: "non sabemos".

Et puer respondit, 'En reuelatum est mihi hoc mysterium, et ego uobis propalabo.' Dixitque regi, 'Regni tui figura tentorium est; duo uermes duo dracones sunt ; uermis rufus draco tuus est, et stagnum figura huius mundi est. 

E o rapaz respondeu: "Velaiquí que a min se me revelou este misterio, e eu héivolo comunicar". E díxolle ao rei: "A tea da tenda é a imaxe do teu reino; os dous vermes son dous serpes; o verme encarnado é o teu serpe, e o estanque é a representación deste mundo.

At ille albus draco, illius gentis quae occupauit gentes et regiones plurimas in Brittannia, et paene a mari usque ad mare tenebit; et postea gens nostra surget, et gentem Anglorum trans mare uiriliter deiiciet. 

Pola súa banda o verme branco e o daquela nación que ocupou nacións e moitísimas rexións en Britania, e case de mar a mar vaina dominar; despois a nosa nación erguerase e con valentía expulsará á nación dos anglos á outra beira do mar.  

Tu, tamen, de ista arce uade, quia eam aedificare non potes, et multas prouincias circumi, ut inuenías tutam arcem, et ego hic manebo.' Et rex ad adolescentem dixit, 'Quo nomine uocaris?' ille respondit, 'Ambrosius uocor,' (id est, Embries Guletic ipse uidebatur.) 

Ti, sen embargo, marcha desta fortaleza, porque non a podes construír, e percorre moitas provincias, até que atopes unha fortaleza segura, eu ficarei aquí". E o rei ao rapaz dixo, "como te chamas?". El respondeu, "chámome Ambrosio" (isto é, Embries Guletic el mesmo parecía).

Et rex dixit, 'De qua progenie es?' 'Unus est pater meus de consulibus Romanicae gentis.' Et arcem dedit rex illi, cum omnibus regnis occidentalis plagae Brittanniae; et ipse cum magis suis ad sinistralem plagam peruenit, et usque ad regionem, quae uocatur Guunnessi, aufugit, et urbem ibi, quae uocatur suo nomine Cair Guorthigirn, aedificauit.

E o rei dixo, "De que estirpe es?" "Meu pai é un dos cónsules da nación romana". E o rei deulle a el aquela fortaleza, con todos os reinos da parte occidental de Britania; e el mesmo na compañía dos seus adiviños foi cara a parte oriental, e até a rexión, que se chama Guunnessi, fuxiu, e unha cidade alí, que se chama a partir do seu nome Cair Guorthigirn, edificou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario