Amosando publicacións coa etiqueta beda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta beda. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de marzo de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XXXIV (1.34)

(1) 
CAP. XXXIV. 
Vt Aedilfrid rex Nordanhymbrorum, Scottorum gentis proelio conterens, ab Anglorum finibus expulerit.

De como Edilfrido, rei dos nordanhymbros, aniquilando en combate as nacións dos escotos, expulsounos dos confíns dos anglos.

  • Scottorum gentis proelio conterens : gentis = gentes (?)


(2) His temporibus regno Nordanhymbrorum praefuit rex fortissimus et gloriae cupidissimus Aedilfrid, qui plus omnibus Anglorum primatibus gentem uastauit Brettonum ; ita ut Sauli quondam regi Israeliticae gentis comparandus uideretur, excepto dumtaxat hoc, quod diuinae erat religionis ignarus.



Nestes tempos estaba á fronte do reino dos nordanhymbros Edilfrido, un rei moito poderoso e moito desexoso de gloria, que máis ca todos os monarcas dos anglos devastou a nación dos bretóns; de tal xeito que parecería obrigado comparalo con Saúl, noutro tempo rei da nación de Israel, a non ser por isto, porque descoñecía a relixión de Deus.



(3) Nemo enim in tribunis, nemo in regibus plures eorum terras, exterminatis uel subiugatis indigenis, aut tributarias genti Anglorum, aut habitabiles fecit. Cui merito poterat illud quod benedicens filium patriarcha in personam Saulis dicebat aptari : 'Beniamin lupus rapax, mane comedet praedam, et uespere diuidet spolia'.



Pois ningún entre os xenerais, ningún entre os reis máis terras daqueles, exterminados ou sometidos os nativos, fixo tributarias da nación dos anglos ou llas deu para as habitar. A este con razón podía convir o que bendicindo a seu fillo o patriarca dicía da persoa de Saúl: "Benxamín é un lobo feroz, pola mañá comerá a prea, e no serán dividirá os restos".



(4) Vnde motus eius profectibus Aedan rex Scottorum qui Brittaniam inhabitant, uenit contra eum cum inmenso ac forti exercitu ; sed cum paucis aufugit uictus. Siquidem in loco celeberrimo qui dicitur Degsastan, id est, Degsa lapis, omnis paene eius est caesus exercitus. In qua etiam pugna Theodbald frater Aedilfridi, cum omni illo quem ipse ducebat exercitu peremptus est.



Daí que o rei Edan dos escotos que habitaban Britania, movido polo seu avance, veu na súa contra cun inmenso e poderoso exército; pero vencido fuxiu cuns poucos. Pois certamente nun lugar moito famoso que se chama Degsastan, isto é, pedra de Degsa, case todo o seu exercito foi destruído. Tamén nesta batalla Teodbaldo, irmán de Edilfrido, pereceu con todo o exército que el mesmo mandaba.


(5) Quod uidelicet bellum Aedilfrid anno ab incarnatione Domini sexcentesimo tertio, regni autem sui, quod uiginti et quatuor annis tenuit, anno undecimo perfecit : porro Focatis anno, qui tum Romani regni apicem tenebat, primo. Neque ex eo tempore quisquam regum Scottorum in Brittania aduersus gentem Anglorum usque ad hanc diem in proelium uenire audebat.

Edilfrido rematou esta guerra, a saber, no ano seiscentos tres dende a encarnación do Señor, pero no ano undécimo do seu reinado, que durou vintecatro anos: ademais no primeiro ano de Focas, que entón tiña a coroa do reino romano. E dende aquel tempo até este día ningún rei dos escotos en Britania ousou vir en son de guerra contra a nación dos anglos.

mércores, 5 de marzo de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XXII (1.22)

(1) 
CAP. XXII. 
Vt Brettones quiescentibus ad tempus exteris, ciuilibus sese bellis contriuerint, simul et maioribus flagitiis submerserint.


De como os bretóns, mentres os estranxeiros acougan polo momento, se desgastan con guerras civís, ao mesmo tempo que afunden en actos vergonzosos máis grandes.



(2) Interea Brittania cessatum quidem est parumper ab externis, sed non a ciuilibus bellis. Manebant exterminia ciuitatum ab hoste dirutarum ac desertarum, pugnabant contra inuicem qui hostem euaserant ciues. Attamen recente adhuc memoria calamitatis et cladis inflictae seruabant utcumque reges, sacerdotes, priuati, et optimates suum quique ordinem.



Entre tando en Britania por un tempo cesou a presión dos inimigos, pero non as guerras civís. Ficaban os efectos dos exterminios das cidades destruídas polo inimigo e abandonadas, loitaban os nativos que escaparan ao inimigo os uns contra os outros. Sen embargo, recente aínda a memoria da calamidade e da matanza sufrida, conservaban dalgún xeito os reis, os sacerdotes, os particulares e os poderosos cada un a súa posición.



(3) At illis decedentibus, cum successisset aetas tempestatis illius nescia, et praesentis solum serenitatis statum experta, ita cuncta ueritatis ac iustitiae moderamina concussa ac subuersa sunt, ut earum non dicam uestigium, sed ne memoria quidem, praeter in paucis, et ualde paucis ulla appareret.


Pero co pasamento daqueles, seguindo despois unha idade descoñecedora daquel tempo convulso e afeita soamente ao estado de calma presente, de tal xeito foi atacada e subvertida toda moderación procedente da verdade e da xustiza, que non diría pegadas daquela, senón nin sequera ningunha lembranza aparecía, agás nalguns casos, e moi poucos. 

(4) Qui inter alia inenarrabilium scelerum facta, quae historicus eorum Gildus flebili sermone describit, et hoc addebant, ut nunquam genti Saxonum siue Anglorum secum Brittaniam incolenti, uerbum fidei praedicando committerent. Sed non tamen diuina pietas plebem suam, quam praesciuit, deseruit, quin multo digniores genti memoratae praecones ueritatis, per quos crederet, destinauit.

Estes entre outros feitos de crimes inenarrables, que o seu historiador Gildas describe con palabras que moven ao choro, tamén sumaban isto, que nunca mediante a súa prédica confiaran a palabra da fe á nación dos saxóns ou dos anglos, que habitaba con eles Britania. Pero sen embargo a divina piedade non abandonou ao seu pobo, ao que coñeceu antes, todo ao contrario destinou anunciadores da verdade moito máis dignos da nación lembrada, a través dos cales apertase a fe.

sábado, 1 de marzo de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XVI (1.16)

(1)
CAP. XVI. 
Vt Brettones primam de gente Anglorum uictoriam, duce Ambrosio Romano homine, sumpserint.

De como os bretóns conseguiron a súa primeira vitoria sobre a nación dos anglos, baixo as ordes do xeneral Ambrosio, varón romano.

(2) At ubi hostilis exercitus, exterminatis dispersisque insulae indigenis, domum reuersus est, coeperunt et illi paulatim uires animosque resumere, emergentes de latibulis quibus abditi fuerant, et unanimo consensu auxilium caeleste precantes ne usque ad internecionem usquequaque delerentur.

Pero cando o exército inimigo, exterminados e dispersados os nativos da illa, retornou á súa terra, comezaron tamén aqueles a recuperar as forzas e os ánimos, mentres saían dos seus agochos nos que se agacharan e con unánime consenso pedían a axuda do ceo para que non fosen aniquilados até o exterminio en todas partes.

(3) Vtebantur eo tempore duce Ambrosio Aureliano uiro modesto, qui solus forte Romanae gentis praefatae tempestati superfuerat, occisis in eadem parentibus regium nomen et insigne ferentibus. Hoc ergo duce uires capessunt Brettones, et uictores prouocantes ad proelium, uictoriam ipsi, Deo fauente, suscipiunt.

Tiñan como xeneral naquel tempo a Ambrosio Aureliano, varón discreto, o único da nación romana que por ventura sobrevivira ás tribulacións anteriormente narradas, nas que morreran seus pais, portadores tamén do nome e as insignias dos reis. Así pois baixo o mando deste xeneral os bretóns recuperan as forzas e retando ao combate coma vencedores, eles mesmos, coa axuda de Deus, acadan a vitoria.

(4) Et ex eo tempore nunc ciues, nunc hostes uincebant, usque ad annum obsessionis Badonici montis, quando non minimas eisdem hostibus strages dabant, quadragesimo circiter et quarto anno aduentus eorum in Brittaniam. Sed haec postmodum.

E dende este momentos unhas veces os bretóns, outras os inimigos vencían, até o ano do asedio do monte Badónico, cando non pequena matanza causaron a estes mesmos inimigos, máis ou menos no ano corenta e catro dende a súa chegada a Britania. Pero estas cousas despois.

venres, 28 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XV (1.15)

(1) 
CAP. XV
Vt inuitata Brittaniam gens Anglorum, primo quidem aduersarios longius eiecerit; sed non multo post iuncto cum his foedere, in socios arma uerterit.

De como a nación dos anglos, convidada a vir a Britania, primeiro certamente expulsou aos adversarios moito lonxe; pero non moito despois, acordada con estes unha alianza, volveu as armas contras os seus aliados.

(2) Anno ab incarnatione Domini quadringentesimo quadragesimo nono, Marcianus cum Valentiniano quadragesimus sextus ab Augusto regnum adeptus, septem annis tenuit. Tunc Anglorum siue Saxonum gens inuitata a rege praefato, in Brittaniam tribus longis nauibus aduehitur, et in orientali parte insulae iubente eodem rege locum manendi, quasi pro patria pugnatura, re autem uera hanc expugnatura, suscipit.

No ano catrocentos corenta e nove dende a encarnación do Señor, Marciano con Valentiniano accedeu ao poder como emperador número corenta e seis despois de Augusto, durando o seu reinado sete anos. Entón a nación dos anglos ou saxóns, convidada polo devandito rei, chegou a Britania en tres grandes naves, e na parte oriental da illa, como lles mandara este mesmo rei, asentouse, baixo a apariencia de loitar por ela como pola terra propia, pero en realidade para a conquistar.

(3) Inito ergo certamine cum hostibus qui ab aquilone ad aciem uenerant, uictoriam sumpsere Saxones. Quod ubi domi nuntiatum est, simul et insulae fertilitas, ac segnitia Brettonum, mittitur confestim illo classis prolixior armatorum ferens manum fortiorem, quae praemissae adiuncta cohorti inuincibilem fecit exercitum.

Así pois trabado combate cos inimigos que dende o norte viñeran á batalla, acadaron a vitoria os saxóns. Cando se anunciou isto na súa terra, xunto coa fertilidade da illa e o falta de acción dos bretóns, enviase inmediatamente alí unha frota máis poderosa transportando a un grupo máis numeroso de homes armados, que unida ao destacamento enviado previamente formou un exército invencible.

(4) Susceperunt ergo qui aduenerunt, donantibus Brittanis, locum habitationis inter eos, ea conditione ut hi pro patriae pace e salute contra aduersarios militarent, illi militantibus debita stipendia conferrent. Aduenerant autem de tribus Germaniae populis fortioribus, id est, Saxonibus, Anglis, Iutis.

Así pois os que chegaron, por concesión dos britanos, asentáronse entre eles, coa condición de que estes farían a guerra contra os inimigos en defensa da paz e seguridade da patria, eles pagarían os salarios debidos aos que facían a guerra. Pero viñeran dos tres pobos máis poderosos de Xermania, a saber, dos saxóns, dos anglos e dos xutos.

(5) De Iutarum origine sunt Cantuari et Victuari, hoc est, ea gens quae Vectam tenet insulam, et ea quae usque hodie in prouincia Occidentalium Saxonum Iutarum natio nominatur, posita contra ipsam insulam Vectam. De Saxonibus, id est, ea regione quae nunc antiquorum Saxonum cognominatur, uenere Orientales Saxones, Meridiani Saxones, Occidui Saxones. 

Descenden dos xutos os cantuarios e os victuarios, isto é, a nación que posúe a illa de Vecta, e a que até hoxe no territorio dos saxóns occidentais é chamada nación dos xutos, situada xusto en fronte da propia illa de Vecta. Dos saxóns, isto é, da rexión que agora se chama dos antigos saxóns, viñeron os saxóns orientais, os saxón meridionais e os saxóns occidentais.

(6) Porro de Anglis, hoc est, de illa patria quae Angulus dicitur et ab eo tempore usque hodie manere desertus inter prouincias Iutarum et Saxonum perhibetur, Orientales Angli, Mediterranei Angli, Merci, tota Nordanhymbrorum progenies, id est, illarum gentium quae ad Boream Humbri fluminis inhabitant ceterique Anglorum populi sunt orti.

Pola súa banda dos anglos, isto é, daquel país que se chama Ángulo e que se di que dende aquel tempo até hoxe permanece deshabitado entre os territorios dos xutos e dos saxóns, naceron os anglos orientais, os anglos do interior, os mercios, toda a estirpe dos Nordanhymbros, isto é, daqueles pobos que habitan ao norte do río Humbro e os restantes pobos dos anglos.

(7) Duces fuisse perhibentur eorum primi duo fratres Hengist et Horsa; e quibus Horsa postea occisus in bello a Brettonibus, hactenus in orientalibus Cantiae partibus monumentum habet suo nomine insigne. Erant autem filii Victgilsi, cuius pater Vitta, cuius pater Vecta, cuius pater Voden, de cuius stirpe multarum prouinciarum regium genus originem duxit.

Dise que os primeiros xefes destes foron dous irmáns, Hengist e Horsa; dos cales Horsa, morto despois na guerra polos bretóns, até hoxe nas partes orientais de Cantia ten un monumento famoso polo seu nome. Pero eran fillos de Victgilso, do cal foi pai Vitta, do cal foi pai Vecta, do cal foi pai Voden, da estirpe do cal a familia dos reis de moitos territorios tivo a súa orixe.


  • Parker traduce, seica con máis acerto, monumento ... suo nomine insigne por "a monument ... with his name inscribed on it".


(8) Non mora ergo confluentibus certatim in insulam gentium memoratarum cateruis, grandescere populus coepit aduenarum, ita ut ipsis quoque qui eos aduocauerant indigenis essent terrori. Tum subito inito ad tempus foedere cum Pictis quos longius jam bellando pepulerant, in socios arma vertere incipiunt.

Así pois sen tardanza, confluíndo ao mesmo tempo na illa grandes grupos das xentes que vimos de lembrar, a poboación dos estranxeiros comezou a medrar, de tal xeito que tamén foron causa de terror para os propios nativos que os chamaran. Entón de súpeto, feito un pacto no momento oportuno cos pictos, aos que xa moito lonxe combatendo rexeitaran, comezan a volver as súas armas contra os seus aliados.

(9) Et primum quidem annonas sibi eos affluentius ministrare cogunt, quaerentesque occasionem diuortii, protestantur, nisi profusior sibi alimentorum copia daretur, se cuncta insulae loca rupto foedere uastaturos. Neque aliquanto segnius minas effectibus prosequuntur: siquidem, ut breuiter dicam, accensus manibus paganorum ignis, iustas de sceleribus populi Dei ultiones expetiit, non illius impar qui quondam a Chaldaeis succensus Hierosolymorum moenia immo aedificia cuncta consumpsit.

En primeiro lugar certamente obrigan a que se lles proporcionen vituallas en máis abundancia, e na procura da oportunidade para a separación, declaran publicamente que, se non se lles dan alimentos en máis cantidade, rota a alianza, devastarán todos os lugares da illa. E sen ningunha tardanza acompañan as súas ameazas con feitos: pois, para o dicir brevemente, o lume aceso polas mans dos pagáns foi xusto vingador dos crimes do pobo de Deus, non distinto daquel que noutro tempo aceso polos caldeos arrasou os muros de Xerusalén e todos as súas edificacións.


  • Parker traduce annonas por "yearly provision".


(10) Sic enim et hic agente impio victore, immo disponente iusto iudice, proximas quasque ciuitates agrosque depopulans, ab orientali mari usque ad occidentale, nullo prohibente, suum continuauit incendium, totamque prope insulae pereuntis superficiem obtexit. Ruebant aedificia publica simul et priuata, passim sacerdotes inter altaria trucidabantur, praesules cum populis, sine ullo respectu honoris ferro pariter et flammis absumebantur, nec erat qui crudeliter interemptos sepulturae traderet.

Pois así tamén aquí, mediante un impío vencedor, pero dispoñendo un xusto xuíz, devastando cada unha das cidades e campos próximos, dende o mar oriental ao occidental, sen que llo impedise ninguén, estendeuse o seu incendio e cubriu case toda a superficie da illa que perecía. Caían os edificios públicos ao mesmo tempo cós privados, por todas partes os sacerdotes eran asasinados entre os altares, a xente elevada coa xente baixa, sen respecto ningún pola súa dignidade eran consumidos igualmente polo ferro e as lapas, e non había quen dese sepultura aos mortos con crueldade.

(11) Itaque nonnulli de miserandis reliquiis in montibus comprehensi aceruatim iugulabantur : alii fame confecti procedentes manus hostibus dabant, pro accipiendis alimentorum subsidiis aeternum subituri seruitium, si tamen non continuo trucidarentur : alii transmarinas regiones dolentes petebant : alii perstantes in patria trepidi pauperem uitam in montibus, siluis, uel rupibus arduis suspecta semper mente agebant.

E así algúns dos supervivintes dignos de lástima capturados nas montañas eran asesinados en masa; outros consumidos pola fame saíndo do seu agocho entregábanse como escravos aos inimigos, para sufriren unha eterna escravitude en troques de recibiren alimentos, se non eran asasinados inmediatamente; outros, cheos de dor, busaban territorios alén do mar; outros, continuando na patria, aterrados vivían con pobreza nas montañas, nas fragas, incluso nos escarpados acantilados, sempre con mente alerta.

xoves, 27 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XIV (1.14)

(1)
CAP. XIV
Vt Brettones fame famosa coacti, barbaros suis e finibus pepulerint; nec mora, frugum copia, luxuria, pestilentia et exterminium gentis secutum sit.

CAP. XIV
De como os bretóns forzados por unha carestía memorable, expulsaron aos bárbaros das súas fronteiras; e sen demora seguiu abundancia de alimentos, exceso, a peste e o exterminio do pobo.

(2) Interea Brettones fames sua praefata magis magisque adficiens, ac famam suae malitiae posteris diuturnam relinquens, multos eorum coegit uictas infestis praedonibus dare manus, alios uero nunquam, quin potius confidentes in Diuinum ubi humanum cessabat auxilium de ipsis montibus speluncis ac saltibus continue rebellabant: et tum primum inimicis qui per multos annos praedas in terra agebant, strages dare coeperunt.

Entre tando a devandita carestía que afectaba máis e máis aos bretóns e que deixa unha fama duradeira do seu dano ás xeracións posteriores, forzou a moitos deles a se entregar aos inimigos que os saqueaban, pero a outros nunca, incluso confiando máis no auxilio divino onde o humano cesaba, dende os mesmos montes, covas e fragas rebelábanse de continuo: e entón por primeira vez empezaron a facer matanzas entre os inimigos que durante moitos anos saqueaban o seu país.

  • multos eorum coegit uictas infestis praedonibus dare manus : literalmente a moitos deles forzou a dar as súas mans atadas aos saqueadores hostís.

(3) Reuertuntur ergo impudentes grassatores Hiberni domus, post non longum tempum reuersuri; Picti in extrema parte insulae tunc primum et deinceps quieuerunt, praedas tamen nonnunquam exinde et contritiones de Brettonum gente agere non cessarunt. Cessante autem uastatione hostili, tantis frugum copiis insula quantas nulla retro aetas meminit, affluere coepit:

Así pois retornan os desvergonzados bandidos ás súas casas de Hibernia, para retornaren non despois de moito tempo; os pictos na parte extrema da illa entón por primeira vez e de aí en diante apousaron, sen embargo dende alí non deixaron de facer de cando en vez asaltos e destrucións sobre a nación dos bretóns. Co cese das devastacións inimigas, a illa comezou a ter tanta abundancia de alimentos como ningunha época anterior lembra: 

(4) cum quibus et luxuria crescere, et hanc continuo omnium lues scelerum comitari adcelerauit, crudelitas praecipue, et odium ueritatis amorque mendacii, ita ut siquis eorum mitior, et ueritati aliquatenus propior uideretur, in hunc quasi Brittaniae subuersorem, omnium odia telaque sine respectu contorquerentur.

con estes o exceso comezou a medrar, e a este de continuo unha praga de todo tipo de crimes acompañou, principalmente a crueldade, e o odio á verdade e o amor á mentira, de tal maneira que se algún deles parecese máis remiso e un pouco máis próximo a verdade, contra este, como se fose o causante da ruína de Britania, os odios e os dardos de todos se lanzaban sen consideración.

(5) Et non solum haec saeculares uiri, sed etiam ipse grex Domini eiusque pastores egerunt; ebrietati, animositati, litigio, contentioni, inuidiae, ceterisque huiusmodi facinoribus sua colla, abiecto leui iugo Christi, subdentes.


E non soamente os leigos, senón tamén o propio rabaño do Señor e os seus pastores fixeron estas cousas; á ebriedade, á animosidade, á disputa, ao desprezo, á envexa e aos restantes actos deste tipo sometendo os seus pescozos, unha vez rexeitado o lixeiro xugo de Cristo.



(6) Interea subito corruptae mentis homines acerba pestis corripuit, quae in breui tantum eius multitudinem strauit ut ne sepeliendis quidem mortuis uiui sufficerent: sed ne morte quidem suorum nec timore mortis, hi qui supererant a morte animae qua peccando sternebantur, reuocari poterant: unde non multo post acrior gentem peccatricem ultio diri sceleris secuta est.



Entre tanto de súpeto unha virulenta peste apoderouse dos homes de mente corruta, a cal en pouco tempo acabou cunha multitude tan grande que nin sequera para enterrar aos mortos chegaban os vivos: pero nin sequera pola morte dos seus nin polo temor á morte, estes que sobrevivían da morte da alma, pola que ao pecaren eran afectados, podían ser salvados: por esta razón non moito despois unha vinganza máis terrible deste terrible crime seguiu a esta nación pecadora.


(7) Initum namque est consilium quid agendum, ubi quaerendum esset praesidium ad euitandas uel repellendas tam feras tamque creberrimas gentium aquilonalium inruptiones: placuitque omnibus cum suo rege Vurtigerno ut Saxonum gentem de transmarinis partibus in auxilium uocarent: quod Domini nutu dispositum esse constat, ut ueniret contra improbos malum, sicut euidentius rerum exitus probauit.



Pois considerouse que había que facer, onde había que buscar a axuda para evitar ou repeler tan salvaxes e tan moito constantes ataques dos pobos do norte: e prougo a todos co seu rei Vurtixerno chamar en auxilio á nación dos saxóns dende a outra beira do mar: o cal consta que se decidiu co consentemento do Señor, para que un mal viñese na contra dos malos, como máis claramente probou o resultado das cousas.


sábado, 15 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XIII (1.13)

(1)
CAP. XIII
Vt regnante Theodosio minore, cuius tempore Palladius ad Scottos in Christum credentes missus est, Brettones ab Aetio consule auxilium flagitantes non impetrauerint.

De como reinando Teodosio o menor, no tempo do cal Paladio foi enviado aos escoceses que crían en Cristo, os bretóns, que pedían axuda ao cónsul Ecio, non a conseguiron.

(2) Anno Dominicae incarnationis quadringentesimo uigesimo tertio, Theodosius iunior post Honorium quadragesimus quintus ab Augusto regnum suscipiens uiginti et sex annos tenuit; cuius anno imperii octauo Palladius ad Scottos in Christum credentes a pontifice Romanae ecclesiae Caelestino primus mittitur episcopus.

No ano catrocentos vintetrés da encarnación do Señor, Teodosio o novo, que tomou o goberno despois de Honorio, sendo o número corenta e cinco despois de Augusto, estivo no trono durante vinteseis anos; no oitavo ano do reinado deste Paladio é enviado como primeiro bispo polo pontífice da igrexa de Roma Celestino aos escoceses que crían en Cristo.

(3) Anno autem regni eius uigesimo tertio, Aetius uir inlustris qui et patricius fuit, tertio cum Symmacho gessit consulatum. Ad hunc pauperculae Brettonum reliquiae mittunt epistulam, cuius hoc principium est: "Aetio ter consuli gemitus Brittanorum:" et in precessu epistolae, ita suas calamitates explicant:

Sen embargo no vixésimo terceiro ano do reinado deste, Ecio, un varón distinguido que tamén foi patricio, foi cónsul por terceira vez con Símmaco. A este os empobrecidos supervivintes dos bretóns envían unha carta, da cal este é o principio: "para Ecio tres voltas cónsul a queixa dos bretóns:" e no curso da carta, así describen as súas calamidades:

(4) "Repellunt barbari ad mare, repellit mare ad barbaros; inter haec oriuntur duo genera funerum, aut iugulamur, aur mergimur". Neque haec tamen agentes quicquam ab illo auxilii impetrare quiuerunt, utpote qui grauissimis eo tempore bellis cum Blaedla et Attila regibus Hunorum erat occupatus.

"Empúxanos os bárbaros cara o mar, empúxanos o mar cara os bárbaros; entre estas dúas opcións xorden dúas clases de mortes, ou somos degolados, ou afogamos". Expoñendo isto, sen embargo, ningunha axuda puideron acadar daquel, pois este naquel tempo estaba ocupado en importantísimas guerras con Bledla e Atila, reis dos hunos.

(5) Et quamuis anno ante hunc proximo Blaedla Attilae fratris sui sit interemptus insidiis, Attila tamen ipse adeo intolerabilis reipublicae remansit hostis, ut totam paene Europam excisis inuasisque ciuitatibus atque castellis conroderet. Quin et iisdem temporibus fames Constantinopolim inuasit: nec mora pestis secuta est; sed et plurimi eiusdem urbis muri cum quinquaginta septem turribus corruerunt; multis quoque ciuitatibus conlapsis fames et aerum pestifer odor plura hominum milia iumentorumque deleuit.

E aínda que no ano anterior a este Bledla foi morto polas insidias de seu irmán Atila, o mesmo Atila, sen embargo, seguiu a ser un inimigo até tal punto intolerable para o estado, que co saqueo e ataque de cidades e fortalezas militares inquietaba case toda Europa. Incluso tamén nestes mesmos tempos a fame atacou Constantinopla: e sen tardanza seguiu a peste; pero tamén moitísimos treitos das murallas desta mesma cidade con cincuenta e sete torres caeron; co afundimento tamén de moitas cidades a fame e o cheiro pestilente dos aires destruíron moitísimos milleiros de homes e bestas.

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XII (1.12)

(1)
CAP. XII
Vt Brettones a Scottis uastati Pictisque, Romanorum auxilia quaesierint qui secundo uenientes, murum trans insulam fecerint; sed hoc confestim a praefatis hostibus interrupto, maiore sint calamitate depressi.

Exin Brittania in parte Brettonum, omni armato milite, militaribus copiis uniuersis, tota floridae iuuentutis alacritate spoliata, quae tyrannorum temeritate abducta nusquam ultra domum rediit, praedae tantum patuit, utpote omnis bellici usus prorsus ignara: denique subito duabus gentibus transmarinis uehementer saeuis, Scottorum a circio, Pictorum ab aquilone, multos stupet gemitque per annos.


De como os bretóns atacados constantemente polos escoceses e os pictos, pediron a axuda dos romanos, que vindo por segunda vez, fixeron un muro de lado a lado da illa; pero forzado este inmediatamente polos devanditos inimigos, foron vítimas dunha desgracia máis grande.

Despois Britania na parte dos bretóns, despoxada de todos os seus soldados con armas, de todas as forzas militares, de todo o ardor da súa florida xuventude, que levada fóra pola temeridade dos tiranos nunca máis regresou a casa, ficou aberta para a rapina soamente, como se fose totalmente descoñecedora de toda práctica militar: finalmete de súpeto por causa de dúas nacións da outra beira do mar moito violentas, dos escoceses polo noroeste, dos pictos polo norte, durante moitos anos é incapaz de reaccionar e laiase.

(2) Transmarinas autem dicimus has gentes, non quod extra Brittaniam essent positae; sed quia a parte Brettonum erant remotae, duobus sinibus maris interiacentibus, quorum unus ab orientali mari, alter ab occidentali, Brittaniae terras longe lateque inrumpit, quamuis ad se inuicem pertingere non possint. Orientalis in habet medio sui urbem Giudi, occidentalis supra se, hoc est, ad dexteram sui habet urbem Alcluith, quod lingua eorum significat petram Cluith; est enim iuxta fluuium nominis illius.

Pero dicimos que estas xentes son da outra beira do mar, non porque estean asentadas fóra de Britania; senón porque estaban alonxadas da parte dos bretóns pola interposición de dúas grandes baías, das cales unha dende o mar do leste, outra dende o do oeste, penetran con profundidade e amplitude nas terras de Britania, aínda que non poidan alcanzarse a unha á outra. A baía oriental ten na súa metade a cidade de Giudi, a occidental na parte de arriba, isto é, á súa dereita, ten a cidade de Alcluith, que na súa lingua significa "pedra Cluith"; pois está ao carón do río deste nome.

(3) Ob harum ergo infestationem gentium, Brettones legatos Romam cum epistolis mittentes, lacrymosis precibus auxilia flagitabant, subiectionemque continuam dummodo hostis imminens longius arceretur, promittebant. Quibus mox legio destinatur armata, quae ubi in insulam aduecta et congressa est cum hostibus, magnam eorum multitudinem sternens, ceteros sociorum finibus expulit: eosque interim a dirissima depressione liberatos hortata est instruere inter duo maria trans insulam murum qui arcendis hostibus posset esse praesidio: sicque domum cum triumpho magno reuersa est.

Así pois, por causa do ataque destes pobos, os bretóns, mediante o envío de embaixadores a Roma con cartas, pedían insistentemente axuda con súplicas cheas de bágoas, e prometían unha sumisión permanente con tal de que a ameaza do inimigo fose mantida moito lonxe. De seguida unha lexión armada é destinada para estes, que cando chegou á illa e se enfrontou cos inimigos, aniquilando unha grande multitude deles, expulsou aos restantes dos territorios dos aliados: entre tanto animou aos que foran liberados dun moito terrible desacougo a construír entre os dous mares de lado a lado da illa un muro que puidese servir de axuda para manter lonxe aos inimigos: e así cun grande triunfo retornou a casa.

(4) At insulani murum quem iussi fuerant, non tam lapidibus quam cespitibus construentes, utpote nullum tanti operis artificem habentes, ad nihil utilem statuunt. Fecerunt autem eum inter duo freta uel sinus de quibus diximus maris, per millia passuum plurima: ut ubi aquarum munitio deerat, ibi praesidio ualli fines suos ab hostium inruptione defenderent: cuius operis ibidem facti, id est, ualli latissimi et altissimi usque hodie certissima uestigia cernere licet.

Pero os habitantes das illas, mentres constrúen o muro que se lles mandara, non tanto con pedras coma con terróns de terra, pois non tiñan a ningunha persoa capaz dunha obra tan grande, levántano de maneira que non serve para nada. Sen embargo fixérono entre os dous mares ou baías do mar das cales falamos, ao longo de moitísimas millas: para que cando faltaba a protección das augas, alí coa axuda do valo as súas fronteiras do ataque dos inimigos defendesen: desta obra alí mesmo feita, isto é, do valo moito largo e alto até hoxe é posible distinguir pagadas moito certas.

(5) Incipit autem duorum ferme milium spatio a Monasterio Aebbercurnig ad occidentem, in loco qui sermone Pictorum Peanfahel, lingua autem Anglorum Penneltum appellatur; et tendens contra occidentem terminatur iuxta urbem Alcluith.

Comeza a case dúas millas ao oeste do mosteiro Aebbercurnig, nun lugar que na lingua dos pictos se chama Peanfahel, en troques na lingua dos anglos Penneltum; e en dirección oeste remata xunto á cidade de Alcluith. 

(6) Verum priores inimici ut Romanum militem abisse conspexerant, mox aduecti nauibus inrumpunt terminos, caeduntque omnia, et quasi maturam segetem obuia quaeque metunt, calcant, transeunt: unde rursum mittuntur Romam legati, flebili uoce auxilium implorantes, ne penitus misera patria deleretur, ne nomen Romanae prouinciae quod apud eos tam diu claruerat, exterarum gentium improbitate obrutum uilesceret.

Pero os inimigos anteriores, como viran que o exército romano partira, de seguido transportados en barcos penetran nas fronteiras, e destrozan todo, e como se fose unha colleita madura todo o que atopan cortan, pisan, atravesan: polo que de novo se envían embaixadores a Roma, implorantes con voz chorosa axuda, para que a súa desgraciada patria non sexa totalmente destruída, para que o nome dunha provincia romana que entre eles durante tanto tempo fora famoso, oprimido pola maldade duns pobos estranxeiros non ficase sen valor.

(7) Rursum mittitur legio, quae inopinata tempore autumni adueniens magnas hostium strages dedit, eosque qui euadere poterant omnes trans maria fugauit, qui prius anniuersarias praedas trans maria nullo obsistente cogere solebant. Tum Romani denuntiauere Brettonibus, non se ultra ob eorum defensionem tam laboriosis expeditionibus posse fatigari: ipsos potius monent arma corripere et certandi cum hostibus studium subire, qui non aliam ob causam quam si ipsi inertia soluerentur eis possent esse fortiores.

Envíase de novo unha lexión, que chegando, sen ser esperada, no tempo do outono, fixo grandes matanzas entre os inimigos, e a todos os que podían escapar facía fuxir á outra beira do mar, os cales antes adoitaban levar a rapina que facían cada ano á outra beira do mar, pois non había ninguén que lles opuxese resistencia. Entón os romanos anunciaron aos bretóns, que eles xa non podían ser importunados máis con expedicións moi problemáticas para os defender: aconséllanlles que eles mesmos mellor collan as armas e afronten a tarefa de loitar cos inimigos, os cales non por outra razón ca se eles mesmos estaban relaxados pola falta de actividade, podían ser máis fortes ca eles.

(8) Quin etiam, quod et hoc sociis quos derelinquere cogebantur aliquid commodi adlaturum putabant, murum a mari ad mare recto tramite inter urbes quae ibidem ob metum hostium factae fuerant, ubi et Severus quondam uallum fecerat, firmo de lapide conlocarunt: quem uidelicet murum hactenus famosum atque conspicuum, sumptu publico priuatoque, adiuncta secum Brittanorum manu construebant, octo pedes latum et duodecim altum, recta ab oriente in occasum linea, ut usque hodie intuentibus clarum est: quo mox condito dant fortia segni populo monita, praebent instituendorum exemplaria armorum.

  • vĭdēlĭcet

Incluso tamén, porque consideraban que tamén isto suporía un beneficio para os aliados que se vían obrigados a abandonar, dispuxeron un muro firme de pedra, de mar a mar en liña recta entre as cidades que alí mesmo se fixeran por medo aos inimigos, onde tamén Severo noutro tempo fixera un valo: este muro naturalmente até os nosos días famoso e visible construíron, con cartos públicos e privados, coa axuda dos britanos, de oito pes de largo de doce de alto, en liña recta de leste a oeste, de modo que até hoxe é observable para os que miran: inmediatamente despois de o facer dan importantes consellos ao pobo preguiceiro, dan exemplo de como hai que facer as armas.

(9) Sed et in litore oceani ad meridiem quo naues eorum habebantur, quia et inde barbarorum inruptio timebatur, turres per interualla ad prospectum maris collocant, et ualedicunt sociis tanquam ultra non reuersuri. Quibus ad sua remeantibus, cognita Scotti Pictique reditus denegatione, redeunt confestim ipsi, et solito confidentiores facti, omnem aquilonalem extremamque insulae partem pro indigenis ad murum usque capessunt. 

Pero tamén na costa sur do océano, onde estaban as súas naves, porque alía tamén se temía un ataque dos bárbaros, dispoñen torres para vixiar o mar a intervalos, e despídense dos aliados coa intención de non retornaren nunca máis. Co retorno destes aos seus territorios, coñecida a intención de non regresaren, os escoceses e máis os pictos, eles mesmos, inmediatamente regresan, e con máis confianza da que adoitaban ter, aprópianse de toda a parte norte e extrema da illa no canto dos nativos até o muro.

(10) Statuitur ad haec in edito arcis acies segnis, ubi trementi corde stupida die noctuque marcebat. At contra non cessant uncinata hostium tela: ignaui propugnatores miserrime de muris tracti solo adlidebantur. Quid plura? Relictis ciuitatibus ac muro, fugiunt, dispergunt. Insequitur hostis, adcelerantur strages cunctis crudeliores prioribus. 

Disponse para isto no alto da fortaleza un exército covarde, onde con corazón temeroso díe e noite confuso languidecía. Pero pola parte contraria non descansan as lanzas ganchudas dos inimigos: os covardes defensores dun xeito moito triste arrancados dos muros eran arrastrados ao chan. Que máis? Abandonadas as cidades e o muro, foxen, dispérsanse. Segue o inimigo, aceléranse as matanzas, moito máis crueis ca todas as anteriores.

(11) Sicut enim agni a feris, ita miseri ciues discerpuntur ab hostibus: unde a mansionibus ac possessiunculis suis eiecti, imminens sibi famis periculum latrocinio ac rapacitate mutua temperabant, augentes externas domesticis motibus clades, donec omnis regio totius cibi sustentaculo, excepto uenandi solatio, uacuaretur.

Pois igual que os años polas feras, así os infelices cidadáns son despedazados polos inimigos: polo que, expulsados das súas casas e escasas posesións, mitigaban o inminente perigo da fame co roubo e saqueo mutuo, incrementando os danos causados polos estranxeiros coas loitas intestinas, até o punto de que toda a rexión ficou baleira do sustento de todo alimiento, coa excepción do alivio da caza.

sábado, 8 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. XI (1.11)

(1)
CAP. XI.
Vt regnante Honorio Gratianus et Constantinus in Brittania tyranni creati, et mox prior in Brittania, secundus in Gallia sint interempti.

Anno ab incarnatione Domini quadringentesimo septimo tenente imperium Honorio Augusto filio Theodosii minore loco ab Augusto quadragesimo quarto, ante biennium Romanae inruptionis quae per Halaricum Regem Gothorum facta est, cum gentes Halanorum, Sueuorum, Vandalorum, multaeque cum his aliae protritis Francis, transito Hreno, totas per Gallias saeuirent, apud Brittanias Gratianus municeps tyrannus creatur et occiditur.



CAP. XI.
De como reinando Honorio, Graciano e Constantino foron nomeados tiranos e de seguida foron mortos, o primeiro en Britania e o segundo na Galia. 

No ano catrocentos sete dende a encarnación do Señor, tendo o imperio Honorio Augusto fillo menor de Teodosio, sendo o emperador corenta e catro dende Augusto, dous anos antes do ataque sobre Roma que foi levado a cabo por Alarico, o rei dos godos, como as nacións dos alanos, dos suevos, dos vándalos e moitas outras con estas, aniquilados os francos, cruzado o Rin, desatasen a súa furia por todas as Galias, nas provincias britanas o provincial Graciano é nomeado tirano e morto.  

(2) Huius loco Constantinus ex infima militia, propter solam spem nominis sine merito uirtutis eligitur: qui continuo ut inuasit imperium in Gallias transiit; ibi saepe a barbaris incertis foederibus inlusus detrimento magis reipublicae fuit: unde mox iubente Honorio Constantius comes in Galliam cum exercitu prefectus, apud Arelatem ciuitatem eum clausit, cepit, occidit: Constantemque filium eius quem ex monacho Caesarem fecerat, Gerontius comes suus apud Viennam interfecit.

No lugar deste é elixido Constantino, proveniente dos máis baixos escalafóns do exército, soamente pola esperanza emanada do seu nome pero sen causa ningunha na súa valía: este inmediatamente despois de tomar o poder cruzou ás Galias; alí frecuentemente inducido polos bárbaros a pactos incertos foi causa de máis dano para o estado: polo que rapidamente, por orde de Honorio, o xeneral Constancio, despois de partir para a Galia co exército, en Árelas encerrouno, capturouno e matouno: a Constante, fillo daquel ao cal de monxe convertira en César, o seu xeneral Xeroncio matou en Vienna.


  • Arelatem Actual Arles, sur de Francia.
  • Viennam Actual Vienne, sur de Francia.

(3) Fracta est autem Roma a Gothis anno millesimo sexagesimo quarto suae conditionis, ex quo tempore Romani in Brittania regnare cessarunt, post annos ferme quadringentos septuaginta ex quo Gaius Iulius Caesar eandem insulam adiit. Habitabant autem intra uallum quod Seuerum trans insulam fecisse commemorauimus, ad plagam meridianam, quod ciuitates, farus, pontes et stratae ibidem factae usque hodie testantur: ceterum ulteriores Brittaniae partes, uel eas etiam quae ultra Brittaniam sunt insulas iure dominandi possidebant.

Ademais Roma foi destruída polos godos no ano mil sesenta e catro dende a súa fundación, dende este momento os romanos deixaron de gobernar en Britania, case catrocentos setenta anos despois dende que Gaio Xulio César chegara a esta mesma illa. Vivían no muro que lembramos fixera Severo na parte máis lonxana da illa, cara a parte sur, o cal até hoxe testemuñan as cidades, as torres, pontes e calzadas alí mesmo feitas: polo demais sometían ao seu dominio as partes extremas de Britania, ou tamén aquelas illas que están alén de Britania.


  • trans insulam across the island Parker.

venres, 7 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. IX (1.9)

(1)
CAP. IX
Vt regnante Gratiano Maximus in Brittania imperator creatus, cum magno exercitu Galliam redierit.

Anno ab incarnatione Domini trecentesimo septuagesimo septimo Gratianus quadragesimus ab Augusto, post mortem Valentis sex annis imperium tenuit: quamuis iamdudum antea cum patruo Valente, et cum Valentiniano fratre regnaret: qui cum adflictum et paene collapsum reipublicae statum uideret, Theodosium Hispanum uirum, restituendae reipublicae necessitate apud Syrmium purpura induit, Orientisque et Thraciae simul praefecit imperio.

De como, reinando Graciano, Máximo, nomeado emperador en Britania, cun grande exército volveu á Galia.

No ano 377 dende a encarnación do Señor, Graciano, o emperador número corenta despois de Augusto, trala morte de Valente durante seis anos foi emperador: aínda que xa dende moito antes con Valente, seu tío paterno, e con seu irmán Valentiniano gobernaba: este, vendo oa estado nunha situación de debilidade e case colapsado, fixo vestir en Sirmio a púrpura a Teodosio, un varón hispano, por mor do restablecemento do estado, e ao mesmo tempo púxoo ao fronte do imperio de Oriente e de Tracia.

(2) Qua tempestate Maximus, uir quidem strennuus et probus, atque Augusto dignus nisi contra sacramenti fidem per tyrannidem emersisset, in Brittania inuitus propemodum ab exercitu imperator creatus in Galliam transiit.

Neste tempo Máximo, home certamente esforzado e honrado, e digno de Augusto de non ser porque contra a lealdade debida ao seu xuramento elevouse por medio da tiranía, foi nomeado emperador en Britania polo exército case contra a súa vontade e cruzou á Galia.

(3) Ibi Gratianum Augustum subita incursione perterritum atque in Italiam transire meditantem, dolis circumuentum interfecit, fratremque eius Valentinianum Augustum Italia expulit. Valentinianus in Orientem refugiens, a Theodosio paterna pietate susceptus, mox etiam imperio restitutus est: clauso uidelicet intra muros Aquileiae, capto atque occiso ab eis Maximo tyranno.

Alí a Graciano Augusto, aterrado a causa do súbito ataque e mentres consideraba a posibilidade de cruzar a Italia, rodeouno con enganos e matouno, e a seu irmán, Valentiniano Augusto, expulsouno de Italia. Valentiniano fuxindo a Oriente, foi acollido por Teodosio con amor paternal, e rapidamente tamén restituído no imperio: evidentemente despois de que o tirano Máximo fose encerrado dentro dos muros de Aquileia, capturado e matado por eles.

sábado, 1 de febreiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. VIII (1.8)

(I)
CAP. VIII
Vt hac cessante persecutione, ecclesia in Brittaniis aliquantulam usque ad tempora Arrianae uesaniae pacem habuerit.

At ubi turbo persecutionis quieuit, progressi in publicum fideles Christi qui se tempore discriminis siluis ac desertis abditisue speluncis occulerant, renouant ecclesias ad solum usque destructas, basilicas sanctorum martyrum fundant, construunt, perficiunt, ac ueluti uictricia signa passim própalant, dies festos celebrant, sacra mundo corde atque ore conficiunt: mansitque haec in ecclesiis Christi quae erant in Brittania pax usque ad tempora Arrianae uesaniae, quae corrupto orbe toto, hanc etiam insulam extra orbem tam longe remotam ueneno sui infecit erroris: et hac quasi uia pestilentiae trans oceanum patefacta, non mora, omnis se lues haereseos cuiusque, insulae noui semper aliquid audire gaudenti et nihil certi firmiter obtinenti infûdit.

CAP. VIII
Como co cese desta persecución a igrexa nas provincias britanas tivo un pouco de paz até os tempos da tolemia arriana. 

Pero cando a voráxine da persecución amainou, saíndo á luz os fieis de Cristo, que no tempo do perigo se agacharan nos montes e descampados ou en covas ocultas, renovan as igrexas que foran arrasadas até os alicerces, basílicas de santos mártires fundan, constrúen, rematan, e fan públicos por todas partes os seus signos, por así dicilo, de vitoria, celebran os días festivos, levan a cabo os actos sagrados con corazón e boca pura: ficou esta paz nas igrexias de Cristo que había en Britania até os tempos da tolemia arriana, que, tras corromper o orbe todo, tamén esta illa tán alonxada fóra do orbe infectou co veleno do seu erro: unha vez aberto, por así dicilo, este camiño de pestilencia alén do océano, sen tardanza, toda clase de corrución de calquera herexía introduciuse nunha illa sempre contenta de oír algo novo e que nada certo retén con firmeza. 

NB:

  • occulerat :  occŭlo (obc-), cŭlŭi, cultum, 3 (plup. sync. occulerat, 
(II) His temporibus Constantius qui uiuente Diocletiano Galliam Hispaniamque regebat, uir summae mansuetudinis et ciuilitatis in Brittania morte obiit. Hic Constantinum filium ex concubina Helena creatum imperatorem Galliarum reliquit. Scribit autem Eutropius, quod Constantinus in Brittania creatus imperator, patri in regnum successerit: cuius temporibus Arriana haeresis exorta et in Nicaena synodo detecta atque damnata, nihilominus exitiabile perfidiae suae uirus, ut diximus, non solum orbis totius sed et insularum ecclesiis aspersit.

Nestes tempos Constancio, que mentres vivía Diocleciano gobernaba a Galia e Hispania, un home da máis grande xentileza e educación morreu en Britania. Este deixou a seu fillo Constantino, concebido coa súa concubina Helena, nomeado emperador das Galias. En troques escribe Eutropio que Constantino, nomeado emperador en Britania, sucedeu a seu pai no goberno: nos seus tempos a herexía arriana xurdiu e no sínodo de Nicea foi detectada e condenada, sen embargo o virus mortal da súa perfidia, como dixemos, salpicou non soamente ás igrexas de todo o orbe senón tamén as das illas.

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. VI (1.6)

(I) 
CAP. VI
De imperio Diocletiani, et ut Christianos persecutus sit.

Anno incarnationis Dominicae ducentesimo octogesimo sexto, Diocletianus tricesimus tertius ab Augusto imperator ab exercitu electus, annis uiginti fuit, Maximianumque cognomento Herculium socium creauit imperii. Quorum tempore Carausius quidam, genere quidem infimus, sed consilio et manu promptus, cum ad obseruanda oceani litora quae tunc Franci et Saxones infestabant, positus, plus in perniciem quam in prouectum reipublicae ageret, ereptam praedonibus praedam nulla ex parte restituendo dominis, sed sibi soli uindicando; accendens suspicionem quia ipsos quoque hostes ad incursandos fines artifici negligentia permitteret.

Cap. VI
Do reinado de Diocleciano e de como perseguiu aos cristiáns.

No ano douscentos oitenta e seis da encarnación do Señor, Diocleciano foi elixido emperador, o trixésimo terceiro dende Augusto, cargo que ostentou durante vinte anos, e nomeou a Maximiano, de cognomen Herculio, coemperador. Na época destes emperadores un tal Carausio, certamente de moi baixa orixe, pero habelencioso para decidir e actuar, encargado de vixiar o litoral do océano que entón os francos e máis os saxóns infestaban, facía máis para detrimento do estado ca para o seu proveito, pois non restituía aos seus donos parte ningunha do botín tomado polos piratas, senón que se apropiaba de todo; levantando a sospeita de que tamén permitía aos propios inimigos o ataque ás súas fronteiras con dolosa neglixencia.

NB:
  • prouectum : primeira vez que atopo esta palabra en latín co sentido de proveito.
(II) Quamobrem a Maximiano iussus occidi, purpuram sumpsit ac Brittanias occupauit; quibus sibi per septem annos fortissime uindicatis ac retentis, tandem fraude Allecti socii sui interfectus est. Allectus postea ereptam Carausio insulam per triennium tenuit, quem Asclepiodotus Praefectus Praetorio oppressit, Brittaniamque post decem annos recepit.

Por esta razón, despois de que Maximiano ordenase a súa morte, asumiu a púrpura imperial e ocupou as provincias britanas; estas foron reclamadas e retidas por el co máis grande empeño durante sete anos, finalmente por mor do traizón de Alecto, o seu aliado, foi morto. Despois Alecto dominou a illa arrebatada a Carausio durante tres anos. A este someteuno o prefecto do pretorio Asclepiodoto, e despois de dez anos recuperou Britania.

(III) Interea Diocletianus in oriente, Maximianus Herculius in occidente, uastari ecclesias, afflîgi interficique Christianos decimo post Neronem loco praeceperunt: quae persecutio omnibus fere ante actis diuturnior atque inmanior fuit; nam per decem annos, incendiis ecclesiarum, proscriptionibus innocentum, caedibus martyrum incessabiliter acta est. Denique etiam Brittaniam tum plurima confessionis Deo deuotae gloria sublimauit.

Entretanto Diocleciano en oriente e Maximiano Herculio en occidente decretaron que as igrexias foran saqueadas e maltratados e mortos os cristiáns, por décima vez despois de Nerón: esta persecución foi máis prolongada e implacable que case todas as producidas anteriormente; pois durante dez anos sen pausa foi levada a cabo coa queima de igrexas, as proscricións de inocentes e as matanzas de mártires. En resumo, tamén a grande gloria da confesión ofrecida a Deus elevou Britania ao máis alto.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. V (1.5)

(I)
CAP. V
Vt Seuerus receptam Brittaniae partem uallo a caetera distinxerit.

CAP. V
De como Severo separou a parte reconquistada de Britania da restante cun valo.

(II) Anno ab incarnatione Domini centesimo octogesimo nono, Seuerus genere afer Tripolitanus, ab oppido Lepti, decimus septimus ab Augusto imperium adeptus, decem et septem annis tenuit. Hic natura saeuus, multis semper bellis lacessitus, fortissime quidem rempublicam, sed laboriosissime rexit.

No ano cento oitenta e nove dende a encarnación do Señor, Severo, africano de orixe tripolitana, da cidade de Leptis, conseguiu o título de emperador, o décimo séptimo despois de Augusto, e reinou durante dezasete anos. Este, cruel por natureza, importunado sempre por moitas guerras, gobernou o estado certamente con moita decisión, pero con moita dificultade. 

(III) Victor ergo ciuilium bellorum quae ei grauissima occurrerant, in Brittanias defectu pene omnium sociorum trahitur, ubi magnis grauibusque proeliis saepe gestis, receptam partem insulae a caeteris indomitis gentibus, non muro, ut quidam aestimant, sed uallo distinguendam putauit.

Así pois, vencedor nas guerras civís moito importantes que se lle presentaran, por causa da rebelión de case todos os seus aliados é arrastrado as provincias britanas, onde, despois de pelexar moitas veces en grandes e decisivos combates, considerou que a parte reconquistada da illa debía ser separada das restantes nacións sen civilizar, non cun muro, como algúns consideran, senón cun valo.

NB:
  1. receptam partem insulam a ceteris indomitis gentibus uallo distinguendam [esse] putauit : exemplo de infinitivo de futuro pasivo.
(IV) Murus etenim de lapidibus, uallum uero quo ad repellendam uim hostium castra muniuntur fit de cespitibus, quibus circumcisis, e terra uelut murus exstruitur altus supra terram, ita ut in ante sit fossa, de qua leuati sunt cespites, supra quam sudes de lignis fortissimis praefiguntur.

Pois un muro [faise] de pedras, pero un valo co que se protexen os campamentos para rexeitar os ataques dos inimigos está feito de terróns de terra, recortados os cales, levántase coma un muro de terra alto sobre a terra, de tal meneira que por diante haxa un foxo, do que foron sacados os terróns, e sobre o muro de terra crávanse por diante estacas de madeiras moito fortes. 

(V) Itaque Seuerus magnam fossam firmissimumque uallum crebris insuper turribus communitum, a mari ad mare duxit: ibique apud Eboracum oppidum morbo obiit. Reliquit duos filios, Bassianum et Getam: quorum Geta hostis publicus iudicatus interiit; Bassianus Antonini cognomine adsumpto, regno potitus est.

Así pois Severo fixo de mar a mar un grande foxo e un moito sólido valo, reforzado ademais con numerosas torres: e alí na cidade de Eboraco morreu por mor dunha enfermidade. Deixou dous fillos, Basiano e Xeta: destes Xeta morreu despois de ser xulgado inimigo do estado; Basiano, despois de tomar o "cognomen" de Antonino, fíxose co poder.

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. IV (1.4)

(I)
CAP. IV
Vt Lucius Brittanorum rex missis ad Eleutherum papam litteris Christianum se fieri petierit.

CAP. I
De como Lucio, rei dos britanos, enviou cartas ao papa Eléutero e pediu facerse cristián.

(II) Anno ab incarnatione Domini centesimo quinquagesimo sexto Marcus Antoninus Verus, decimus quartus ab Augusto regnum cum Aurelio Commodo fretre suscepit: quorum temporibus cum Eleutherus uir sanctus pontificatui Romanae ecclesiae praeesset, misit ad eum Lucius Brittaniarum rex epistolam, obsecrans ut per eius mandatum Christianus efficeretur: et mox effectum piae postulationis consecutus est, susceptamque fidem Brittani usque in tempora Diocletiani principis inuiolatam integramque quieta in pace seruabant.

(II) No ano cento cincuenta e seis dende a encarnación do Señor Marco Antonio Vero, tomou o cargo de emperador, sendo o décimo cuarto dende Augusto, xunto co seu irmán Aurelio Cómodo: nos tempos destes, sendo Eléutero, santo varón, pontífice da igrexia de Roma, Lucio, rei dos britanos, envioulle unha carta, pedíndolle que polo seu mandato fose feito cristián: e de contado conseguiu o resultado da súa pía petición, e os Britanos conservaron a fe aceptada, inviolada e íntegra, en tranquila paz ata os tempos do príncipe Diocleciano.

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. III (1.3)

(I)
CAP. III
Vt eamdem secundus Romanorum Claudius adiens, Orcadas etiam insulas Romano adiecerit imperio. Sed et Vespasianus ab eo missus, Vectam quoque insulam Romanis subdiderit.

Cap. III
De como Claudio foi o segundo dos romanos que veu a Britania e tamén incorporou ao imperio as illas Órcadas. Pero Vespasiano, enviado por aquel, someteu tamén a illa de Vecta aos romanos.

NB:
  • Órcades, -um : illas Órcadas.
  • Vecta : a illa de Wight.
(II) Anno autem ab Vrbe condita septingentesimo nonagesimo octauo Claudius imperator, ab Augusto quartus, cupiens utilem reipublicae ostentare principem, bellum ubique, et uictoriam undecumque quaesiuit. Itaque expeditionem in Brittaniam mouit, quae excitata in tumultum propter non redhibitos transfugas uidebatur.

Pero no ano 798 dende a fundación de Roma o emperador Claudio, o cuarto despois de Augusto, desexando mostrarse un príncipe útil para o estado, buscou unha guerra en todas partes e unha vitoria de calquera lugar. Así pois dispuxo unha expedición contra Britania, que parecía estar en revolta por mor da non devolución dos fuxidos.

(III) Transuectus in insulam est, quam neque ante Iulium Caesarem, neque post eum quisquam adire ausus fuerat, ibique sine ullo proelio ac sanguine intra paucissimos dies plurimam insulae partem in deditionem recepit. Orcadas etiam insulas ultra Brittaniam in oceano positas Romano adiecit imperio, ac sexto quam profectus erat mense Romam rediit, filioque suo Brittanici nomen imposuit.

Cruzou á illa, á que nin antes de Xulio César nin despois del ninguén ousara achegarse, e alí sen combate ningún nin sangue en moi poucos días a meirande parte da illa recebiu en sumisión. Tamén engadiu ao imperio romano as illas Órcadas, situadas alén de Britania no océano, e seis meses despois de que partira retornou a Roma, e alí puxo a seu fillo o nome de Británico.

NB:
  • sexto mense quam : nótese o uso de quam con numerais ordinais en expresións temporais.
(IV) Hoc autem bellum quarto imperii sui anno compleuit, qui est annus ab incarnatione Domini quadragesimus sextus: quo etiam anno fames grauissima per Syriam facta est, quae in Actibus Apostolorum per prophetam Agabum praedicta esse memoratur.

Así pois levou a cabo esta guerra no cuarto ano do seu imperio, que é o ano corenta e seis dende a encarnación do Señor: tamén neste ano unha terrible fame houbo en Siria, que, se lembra nos Feitos dos Apóstolos, fora predita polo profeta Ágabo.

(V) Ab eodem Claudio Vespasianus, qui post Neronem imperauit, in Brittaniam missus, etiam Vectam insulam Brittaniae proximam a meridie, Romanorum ditioni subiugauit; quae habet ab oriente in occasum triginta circiter milia passuum, ab austro in boream duodecim, in orientalibus suis partibus mari sex milium, in occidentalibus trium a meridiano Brittaniae litore distans.

Vespasiano, que foi emperador despois de Nerón, foi enviado por este mesmo Claudio a Britania, e tamén a illa de Vecta, unha illa próxima ao sur de Britania, someteu ao poder dos romanos. Esta illa ten de leste a oeste ao redor de trinta millas, de sur a norte doce, nas súa parte oriental dista do costa meridional de Britania seis millas, na occidental tres.

NB:
  • Texto estupendo para aprender aos/ás alumnos/as como se fan as descricións xeográficas en latín atendendo aos puntos cardinais. 
(VI) Succedens autem Claudio in imperium Nero, nihil omnino in re militari ausus est. Vnde inter alia Romani regni detrimenta innumera Brittaniam pene amisit: nam duo sub eo nobilissima oppida illic capta atque subuersa sunt.

Pero Nerón, que sucedeu a Claudio no trono imperial, non intentou nada no eido militar. Polo que, entre outros innumerables males do imperio romano, case perdeu Britania: pois baixo o seu goberno dúas cidades moito importantes foron tomadas e arrasadas.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. II (1.2)

(I)
CAPITVLVM II

Vt Brittaniam primus Romanorum Gaius Iulius adierit.

Verum eadem Brittania Romanis usque ad Gaium Iulium Caesarem inaccessa atque incognita fuit: qui anno ab Vrbe condita sexcentesimo nonagesimo tertio, ante uero incarnationis Dominicae tempus anno sexagesimo, functus gradu consulatus cum Lucio Bibulo, dum contra Germanorum Gallorumque gentes qui Rheno tantum flumine dirimebantur, bellum gereret, uenit ad Morinos, unde in Brittaniam proximus et breuissimus transitus est, et nauibus onerariis atque actuariis circiter octoginta praeparatis, in Brittaniam transuehitur, ubi acerba primum pugna fatigatus, deinde aduersa tempestate correptus, plurimam classis partem, et non paruum numerum militum, equitum uero pene omnem, disperdidit.


Capítulo II
Como Gaio Xulio foi o primeiro romano que chegou a Britania.

Pero a mesma Britania foi inaccesible e descoñecida para os romanos até o tempo de Gaio Xulio César: o cal no ano 693 dende a fundación de Roma, no ano 60 antes da encarnación do Señor, estando a desenvolver o cargo de cónsul con Lucio Bíbulo, mentres estaba a facer a guerra ás nacións dos xermanos e dos galos, que soamente polo río Rin estaban separadas, veu ao territorio dos mórinos, dende onde o traxecto até Britania é moito curto, e despois de preparar oitenta naves de carga e lixeiras, pasa a Britania, onde primeiro acosado con dura loita e despois sorprendido por unha treboada adversa, perdeu a meirande parte da súa frota, non pequeno número de soldados e case a totalidade da cabalaría. 

NB

  • O uso de dum + impf. subxuntivo é unha tendendia no latín tardía (Baños 2009:609).
  • As datas que dá Beda non son correctas (vid. notas na edición de referencia ad locum para as datas correctas e a orixe do erro).

(II) Regressus in Galliam, legiones in hiberna dimisit, ac sexcentas naues utriusque commodi fieri imperauit: quibus iterum in Brittaniam primo uere transuectus, dum ipse in hostem cum exercitu pergit, naues in anchoris stantes, tempestate correptae, uel conlisae inter se, uel in arenis inlisae ac dissolutae sunt: ex quibus quadraginta perierunt, caeterae cum magna difficultate reparatae sunt.

Despois de retornar á Galia, mandou as lexións aos campamentos de inverno, e seiscentas naves de ambos tipos mandou que se fixeran: tras cruzar con estas de novo na primavera a Britania, mentres el mesmo vai co exército contra o inimigo, as naves, que estaban ancoradas, sorprendidas por unha treboada, ou colisionaron entre si, ou ben embarracaron en bancos de area e foron destrozadas: corenta naves naufragaron, as restantes con grande dificultade foron reparadas.

NB:

  • utriusque commodi : Parker traduce "and ordered six hundred ships of each kind to be built". 
(III) Caesaris equitatus primo congressu a Brittanis uictus, ibique Labienus tribunus occisus est: secundo proelio cum magno suorum discrimine uictos Brittanos in fugam uertit: inde ad flumen Tamensim profectus. In huius ulteriore ripa Cassobellauno duce immensa hostium multitudo consederat, ripamque fluminis ac pene totum sub aqua uadum acutissimis sudibus praestruxerat: quarum uestigia sudium ibidem usque hodie uisuntur, et uidetur inspectantibus quod singulae earum ad modum humani femoris grossae, et circumfusae plumbo immobiliter erant in profundum fluminis infixae: quod ubi a Romanis deprehensum ac uitatum est, barbari legionum impetum non ferentes, siluis sese obdidere, unde crebris irruptionibus Romanos grauiter ac saepe lacerabant.
A cabalaría de César foi vencida polos britanos no primeiro choque, e alí o tribuno Labieno foi morto: no segundo combate con grande perigo dos seus venceu e puxo en fuga aos britanos: dende alí partiu cara o río Támesis. Na outra beira deste río unha grande multitude inimiga reunírase baixo o mando do xeneral Casobelauno, e dispuxera tanto a beira do río como case todo o paso baixo a auga con moito afiadas estacas: pódense ver alí até hoxe os restos destas estacas, e vese por parte dos que se paran a mirar que cada unha delas é do grosor dunha perna humana, e rodeadas de chumbo foran cravadas no fondo do río de modo que non se podían mover: cando isto foi entendido e evitado polos romanos, non aturando os bárbaros o ataque das lexións, agacháronse nos montes, dende onde con constantes ataques hostigaban grave e frecuentemente aos romanos.

(IV) Interea Trinouantum firmissima ciuitas cum Androgio duce datis quadraginta obsidibus Caesari sese dedit: quod exemplum secutae urbes aliae complures in foedus Romanorum uenerunt. Iisdem demonstrantibus, Caesar oppidum Cassobellauni inter duas paludes situm, obtentu insuper siluarum munitum, omnibusque rebus confertissimum, tandem graui pugna cepit.

Entre tando a moito poderosa tribo dos Trinovantes, despois de dar corenta reféns xunto co seu xeneral Androxio, entregouse a César: outras moitas tribos seguiron este exemplo e pactaron cos romanos. Obtendo a información destes mesmos, César finalmente puido capturar con grande loita a cidade de Casobelauno, situada entre dous pantanos, protexida por riba pola cobertura das fragas e provista de todo.

(V) Exin Caesar a Brittania reuersus in Galliam, postquam legiones in hiberna misit, repentinis bellorum tumultibus undique circumuentus et conflictatus est.

César, tras retornar de Britania á Galia, despois de que enviou as lexións aos campamentos de inverno, viuse rodeado e acosado por todas partes por repentinas revoltas e guerras.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum Lib. I Cap. I (de quinque gentibus Brittaniae)

(I) Haec in praesenti, iuxta numerum librorum quibus Lex Diuina scripta est, quinque gentium linguis, unam eamdemque summae ueritatis et uerae sublimitatis scientiam scrutatur et confitetur, Anglorum uidelicet, Brettonum, Scottorum, Pictorum et Latinorum, quae meditatione Scripturarum caeteris omnibus est facta communis(1).

Esta illa no momento actual, consonte ao número dos libros nos que está escrita a Lei Divina, nas linguas de cinco nacións, unha e a mesma ciencia da suma verdade e a vedadeira trascendencia estuda e proclama, a saber, na lingua dos anglos, dos bretóns, dos escotos, dos pictos e dos latinos, que polo estudo das sagradas escrituras parou a común para todas as restantes.

caeteris omnibus est facta communis : entendo que a lingua latina, por ser a lingua da igrexa e dos textos sagrados, converteuse na lingua común ou de relación para todos os pobos de Britania.

(II) In primis autem haec insula Brettones solum a quibus nomen accepit, incolas habuit, qui de tractu Armoricano, ut fertur, Brittaniam aduecti, australes sibi partes illius uindicarunt.

Mais primeiro esta illa tivo como habitantes soamente aos bretóns, dos que tomou o nome, que da costa de Armórica, segundo se di, chegados a Britania, se apropiaron dos territorios meridionais da illa. 

(III) Et cum plurimam insulae partem, incipientes ab austro, possedissent, contigit gentem Pictorum de Scythia(1), ut perhibent, longis nauibus non multis oceanum ingressam circumagente flatu uentorum, extra fines omnes(2) Brittaniae Hiberniam peruenisse, eiusque septentrionales oras intrasse, atque inuenta ibi gente Scottorum, sibi quoque in partibus illius sedes petisse, nec inpetrare potuisse.

Despois de conquistaren a meirande parte da illa, espallándose dende o sur, aconteceu que a nación dos pictos desde Escitia, segundo contan, lanzouse ao océano con non moitos barcos de guerra e coa axuda dos ventos rodeando todos os límites de Britania chegaron a Hibernia, e penetraron nas costas septentrionais desta illa, e, atopada alí a nación dos escotos, tamén para si pediron terras nos territorios daqueles, pero non os acadaron.

(1) de Scythia : aquí Escitia fai referencia a Escandinavia.
(2) circumagente flatu uentorum, extra fines omnes : literalmente "levando ao redor o sopro dos ventos, fóra de todos os límites".

(IV) Est autem Hibernia insula omnium post Brittaniam maxima, ad occidentem quidem Brittaniae sita; sed sicut contra aquilonem ea breuior, ita in meridiem se trans illius fines plurimum protendens, usque contra Hispaniae septentrionalia, quamuis magno aequore interiacente, peruenit.

Hibernia é a illa máis grande despois de Britania, situada ao oeste desta; pero igual que cara o norte é máis estreita, así cara o sur estendéndose alén dos límites de Britania, chega ata o norte de Hispania, aínda que entre ambas as dúas se interpón un grande mar.

N.B.:
  • Os puntos cardinais:
    • ad occidentem : ao oeste
    • contra aquilonem : cara o norte
    • in meridiem : cara o sur
(V) Ad hanc ergo usque peruenientes nauigio Picti, ut diximus, petierunt in ea sibi quoque sedes et habitationem donari. Respondebant Scotti, quia non ambos eos caperet insula : "sed possumus" inquiunt "salubre uobis dare consilium quid agere ualeatis. Nouimus insulam aliam esse non procul a nostra, contra ortum solis, quam saepe ludicrioribus diebus de longe aspicere solemus. Hanc adire si uultis, habitabilem uobis facere ualetis : uel si qui restiterit, nobis auxiliariis utimini".

Así pois chegando a esta coa súa frota os pictos, como dixemos, pediron que tamén a eles se lles deran lugares onde se asentar e vivir na illa. Respondían os Escotos, que a illa non podía dar cabida a ambas as dúas nacións : "pero podémosvos" din "dar un bo consello que poidades seguir. Sabemos que hai outra illa non lonxe da nosa, cara o nacemento do sol, que moitas veces nos días moito claros dende o lonxe adoitamos ver. Se vos queredes dirixir a esta, podedes habitala : se alguén se opuxese, termade de nós coma aliados.

NB:
  • respondebant ... quia non ... caperet ... :  exemplo de uso de quia como conxunción completiva no canto dunha construción de AcI (lat. clas. *respondebant Scotti, insulam ambos eos non capere). Vid. Baños 2009:631-632.
  • ... consilium quid agere ualeatis = consilium quod agere ualeatis (quid = quod ?)
(VI) Itaque petentes Brittaniam Picti, habitare per septentrionales insulae partes coeperunt, nam austrina Brettones occupauerant. Cumque uxores Picti non habentes peterent a Scottis, ea solum dondicione dare consenserunt, ut ubi res perueniret in dubium, magis de feminea regum prosapia, quam de masculina regem sibi eligerent; quod usque hodie apud Pictos constat esse seruatum.

E así os pictos, dirixíndose a Britania, comezaron a habitar os territorios septentrionais da illa, pois os bretóns ocuparan os meridionais. Como os pictos non tivesen esposas e llelas pedisen aos escotos, estes accederon a dalas con esta condició soamente, que cando se producise un atranco na sucesión, escollesen rei tendo en conta máis a liña de sucesión feminina cá masculina; costume que ata hoxe consta que se conserva entre os pictos. 

(VII) Procedente autem tempore Brittania post Brettones et Pictos, tertiam Scottorum nationem in Pictorum parte recepit; qui duce Reuda de Hibernia progressi, uel amicitia uel ferro sibimet inter eos sedes quas hactenus habent, uindicarunt : a quo uidelicet duce usque hodie Dalreudini uocantur, nam lingua eorum "daal" partem significat.

Co paso do tempo sen embargo Britania despois de os bretóns e os pictos, acolleu en terceiro lugar á nación dos escotos no territorio dos pictos; aqueles viñeron de Hibernia baixo o mando de Reuda e xa por acordo xa pola forza apropiáronse dos territorios que ata hoxe teñen entre os pictos : segundo parece, por causa deste xefe ata hoxe en día son coñecidos como Dalreudinos, pois na súa lingua "daal" significa parte.
  • Dalreudinos : os da parte de Reuda = os de Reuda.
(VIII) Hibernia autem et latitudine sui status, et salubritate, ac serenitate aerum multum Brittaniae praestat, ita ut raro ibi nix plusquam triduana remaneat : nemo propter hiemem aut foena secet aestate, aut stabula fabricet iumentis : nullum ibi reptile uideri soleat, nullus uiuere serpens ualeat : nam saepe illo de Brittania adlati serpentes, mox ut proximante terris nauigio, odore aeris illius adtacti fuerint, intereunt : quin potius omnia pene quae de eadem insula sunt contra uenenum ualent.

Ademais Hibernia pola latitude da súa ubicación, e pola salubridade e serenidade dos seus aires avantaxa en moito a Britania, de tal xeito que raramente alí a neve permanece máis de tres días : ninguén en previsión de inverno corta feo no verán, ou fai cortellos para as monturas : alí non se adoita ver ningún reptil, non pode vivir ningunha serpe : pois moitas veces as serpes que se levan alí dende Britania, en canto, ao se aproximar a nave á terra, son alcanzadas polo cheiro dese aire, morren : incluso case todo o que prevén desta mesma illa ten poder contra o veleno.

NB
  • pene = paene este adverbio pode ir posposto ao adxectivo que cualifica.
(IX) Denique uidimus quibusdam a serpente percussis, rasa folia codicum qui de Hibernia fuerant, et ipsam rasuram aquae immissam ac potui datam, talibus protinus totam uim ueneni grassantis, totum inflati corporis absumsisse ac sedasse tumorem.

Ata vimos no caso dalgunhas persoas mordidas por serpes, rascar follas de códices que viñan de Hibernia, mesturar a propia rascadura en auga e dala para beber, e con tales remedios de seguido toda a forza do veleno activo, toda a inflamación do membro inchado facer desaparecer e aliviar.

(X) Diues lactis ac mellis insula, nec uinearum expers, piscium uolucrumque, sed et ceruorum caprearumque uenatu insignis. Haec autem proprie patria Scottorum est : ab hac egressi, ut diximus, tertiam in Brittania Brettonibus et Pictis gentem addiderunt.

Esta illa é rica en leite e mel, e non carece de viñas, de peixe e aves, pero é famosa pola caza de cervos e cabras. Así pois esta é a auténtica patria dos escotos : despois de partiren dela, como dixemos, sumáronse a bretóns e pictos como a terceira nación de Britania.

(XI) Est autem sinus maris permaximus, qui antiquitus gentem Brettonum a Pictis secernebat, qui ab occidente in terras longo spatio erumpit, ubi est ciuitas Brettonum munitissima usque hodie quae uocatur Alcluith : ad cuius uidelicet sinus partem septemtrionalem Scotti, quos diximus, aduenientes, sibi locum patriae fecerunt. 

Hai un inmenso entrante do mar, que antigamente separaba a nación dos bretóns dos pictos, que dende o occidente penetra na terra unha grande distancia, onde hai unha cidade dos bretóns ata hoxe moito fortificada que se chama Alcluith : os escotos, dos que falamos, chegaron, segundo parece, á beira septentrional desta baía e asentáronse alí.