martes, 1 de abril de 2014

Nennii Historia Britonum 11

Aeneas autem regnauit tribus annis apud Latinos; Ascanius regnauit annis triginta septem, post quem Siluius, Aeneae filius, regnauit annis duodecim; Posthumius annis triginta nouem, a quo Albanorum reges Siluii appellati sunt, cuius frater erat Bruto. Quando regnabat Bruto in Britannia, Heli sacerdos iudicabat in Israel, et tunc archa Testamenti ab alienigenis possidebatur. Posthumius uero frater eius apud Latinos regnabat.

Ademais Eneas reinou durante tres anos entre os latinos; Ascanio reinou durante trinta e sete anos, despois do cal Silvio, fillo de Eneas, reinou doce anos; Posthumio durante trinta e nove anos, despois del os reis dos albanos chamáronse Silvios, seu irmán era Bruto. Cando reinaba Bruto en Britania, o Sacerdote Heli gobernaba en Israel, e entón a arca do Testamento estaba en man de estranxeiros. Pero Posthumio, irmán de Bruto, reinaba entre os latinos.

  • Comentario. Este parágrafo concorda coa versión de Giles. Eneas ten dous fillos, Ascanio e Silvio. Silvio tería dous fillos, Postumio e Bruto, emigrando a Britania e que daría o seu nome á illa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario